Austin, Texas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: yo:Austin, Texas
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 5:
| bandeira =
| situación = [[Ficheiro:TXMap-doton-Austin.PNG|250px]]
| país = [[Ficheiro:Flag_of_the_United_States.svg|25px]] [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]
| estado = [[Texas]]
| condado = [[Travis County, Texas|Travis]]<br />[[Williamson County, Texas|Williamson]]<br />[[Hays County, Texas|Hays]]
Liña 17:
}}
 
'''Austin''' é unha cidade, capital do estado de [[Texas]] en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Segundo datos do [[2007]] conta con 743.074 habitantes, o que a converte na decimosexta cidade dos Estados Unidos en poboación. Ademais das súas funcións como sede do goberno do estado, '''Austin''' é un centro comercial, fabril, docente e de convencións. Entre a súa produción, destacan os artigos de alta tecnoloxía, como equipos eléctricos, semiconductores e equipos informáticos. É a sede da [[Universidade de Texas en Austin]] ([[1883]]).
 
En [[1730]] misioneiros franciscanos estableceron tres misións temporais na zona, por entón ocupada por poboación autóctona dos grupos comanche, [[tonkawa]] e lipán. En [[1838]], asentouse neste lugar unha comunidade permanente á que se deu o nome de Waterloo. Ao ano seguinte esta comunidade incorporouse á [[República de Texas]], sendo designada o seu capital e rebautizada en honra de [[Stephen F. Austin]], considerado como 'o pai de Texas'. A maior parte dos texanos ansiaban separarse do territorio mexicano e aspiraban á unión cos Estados Unidos por razóns comerciais. En [[1842]], en tempos de [[Antonio López de Santa Anna]], produciuse un incidente que obrigou a trasladar a capital a [[Houston]], pero os cidadáns de '''Austin''' forzaron o regreso da capitalidade en [[1844]] cando a anexión de [[Texas]] era xa todo un feito.
 
Texas entrou na Unión (é dicir os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]) en [[1845]] e '''Austin''' converteuse en capital do estado en [[1850]]. Tras a Guerra de Secesión, o desenvolvemento económico de Austin viuse impulsado coa chegada do ferrocarril en [[1871]]. Durante o [[século XX]], '''Austin''' beneficiouse da utilización da enerxía hidroeléctrica e para regadío do río Colorado. Moitas empresas dedicadas á produción de artigos de alta tecnoloxía establecéronse na súa área metropolitana na década de [[1970]].
 
[[Ficheiro:Capitol_Austin_Texas.jpg|thumb|300 px|Caption|O Capitolio.]]