Roman Polanski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 9:
En [[1966]] filmou ''[[Cul-de-sac]]'' (''Calexón sen saída''), de novo no [[Reino Unido]], con [[Donald Pleasence]] como protagonista, na que aparte do ambiente claustrofóbico tan característico do autor, deixa ver indicios dun humor negro moi particular que acompañará algunhas das súas mellores películas. ''[[Cul-de-sac]]'' obtivo o Oso de Ouro no festival de Berlín, así como moitos outros premios.
 
En [[1967]] Polanski deu o gran salto ós [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] coa rodaxe de ''[[Dance of the Vampires]]'' (O baile dos vampiros), primeiro filme que roda en cor. Este filme, unha parodia das películas de vampiros da época, permitiulle mostrar as súas dotes interpretativas e consagrouno no mercado norteamericano. Durante a rodaxe comezou unha relación amorosa coa actriz [[Sharon Tate]], coa que casaría un ano despois.
 
En [[1968]], Polanski rodou en [[EEUU]] unha das súas películas máis emblemáticas e polémicas ''[[Rosemary's Baby]]''. A película obtivo numerosos premios (entre eles varias nominacións ó Oscar), logrou o éxito internacional e tivo gran repercusión.