Antonio Meucci: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ko:안토니오 무치
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 7:
Estudou [[enxeñería química]] e [[enxeñería industrial]]. Foi preso entre [[1833]]-[[1834]] por participar no movemento de liberación italiano. Casou no día [[7 de agosto]] de 1834 con Ester Mochi. Despois foi acusado de participar na conspiración do Movemento de Unificación Italiana e foi preso novamente, durante tres meses.
 
En Outubro de [[1835]] Meucci e a súa muller deixaron Florencia para nunca máis voltar. Emigraron para o continente americano, parando primeiro en [[Cuba]] onde Meucci aceptou un emprego no Gran Teatro de Tacon na [[Habana]]. En [[1850]], Meucci e a súa muller emigraron para os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], e chegaron a [[Clifton]] (en [[Staten Island]], perto da cidade de Nova Iorque) onde Meucci viveu o resto da súa vida.
 
En 1856 Meucci construíu un teléfono eletromagnético para conectar o seu escritorio co seu cuarto localizado no segundo andar, por causa do [[reumatismo]] da súa esposa.