Escravitude: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 36:
Porén, a escravitude non desapareceu nunca ao longo da [[Idade media]] europea, aínda que tivese un carácter residual. A pesar da prohibición da Igrexa para escravizar cristiáns, as sociedades medievais conseguen facerse con [[árabe]]s ou ben con [[eslavos]], termo que orixina o moderno termo occidental escravo. Tamén noutras culturas, como en diversas sociedades islámicas ou nas orientais, durante esta época, continuou a escravitude humana.
 
Os [[Era dos descubrimentos|descubrimentos]] deron un novo impulso ao escravismo en sociedades que prolongan a Europa medieval. Desde finais do século XV, son levados a [[Portugal]] africanos escravizados. Desde [[1505]], ante o afundimento demográfico das sociedades amerindias das [[Antillas]], transpórtanse para aló os primeiros escravos africanos. Tanto na minería como, especialmente, nas [[plantación]]s a man de obra escrava faise imperativa. A [[Tráfico negreiro|trata de negros]] inaugura un intenso tráfico atlántico entre [[África]] e [[América]] até fins do século XIX. Varios países americanos como o Sur dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], [[Cuba]], [[Xamaica]], [[Haití]], as [[Pequenas Antillas]], a [[Surinam|Güiana holandesa]] ou [[Brasil]], adquiren os trazos das sociedades escravistas clásicas. O ano 1886 para Cuba, e 1888 para Brasil, marcan as datas máis tardías de abolición da escravitude nos países occidentais.
 
Con todo a escravitude continuou, en formas sobre todo domésticas, en países orientais. Aínda hoxe é relativamente corrente en países do Sahel norteafricano, como [[Mauritania]] ou o [[Sudán]].