Xogos Olímpicos de 1980: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: bs:XXII olimpijske igre - Moskva 1980.
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 28:
Os '''[[Xogos Olímpicos]]''' de [[1980]], abertos en [[Moscova]], [[Unión Soviética]], polo presidente [[Leonid Brejnev]] o 19 de [[xullo]] de [[1980]], contaron com a participación de 5.179 atletas de 80 estados, o máis baixo comparecemento ós Xogos dende [[Melbourne]], en [[1956]], debido ó maior [[boicot]] realizado na [[historia]] olímpica, cando a inxerencia da [[política]] no [[deporte]] chegou a seu punto máis alto e decisivo.
 
No comezo de [[1980]], como protesta contra a invasión [[Unión Soviética|soviética]] de [[Afganistán]], o [[presidente]] [[Estados Unidos|norteamericano]] [[Jimmy Carter]] anunciou o [[boicot]] da súa [[nación]] ós [[Xogos Olímpicos]] de [[Moscova]] no ano seguinte, conclamando ós seus aliados polo mundo a daren o mesmo exemplo; 69 estados seguiron o camiño dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], levando estes Xogos a un nivel de calidade máis baixo. Mesmo así, producíronse algunhas marcas e desempeños excepcionais e até atletas de países que apoiaron a acción americana acabaron participando individualmente baixo a bandeira olímpica.
 
Este comezo dos anos 80 representou o pior momento vivido polos [[Xogos Olímpicos]] e polo [[Comité Olímpico Internacional]] en toda a súa existencia, co, obviamente, xa agardado boicot pola [[URSS]] e os seus aliados ós Xogos seguintes nos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]], facendo que os seus dirixentes temesen pola extinción das [[Olimpíada]]s.