Foo Fighters: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m mudando influenza (doenza) por influencia (acción de influír)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 19:
 
=== Primeiras bandas de Dave Grohl ===
Dave pasou a mocidade na escena punk de [[Washington D.C.]] En [[1984]] entrou na súa primeira banda, Freak Babies, tocando a [[guitarra]]. A segunda, Mission Impossible, en [[1985]], pode ser considerada a súa primeira banda "seria", onde el tocaba a batería. Mission Impossible non durou moito, e deu orixe a Dain Bramage. A banda comezou a gañar o respecto da comunidade punk local, a banda asinou coa discográfica independente Fartblossom e chegou a lanzar un LP. Pouco tempo despois, Dave enterouse de que Scream precisaba batería. [[Scream (banda)|Scream]] era unha das máis importantes bandas hardcore da rexión, formárase en 1979/80 e xa fixera xiras por todo o país e en [[Europa]]. Dave conseguiu entrar na banda e en [[1987]], lanzaron o seu cuarto álbum (''No More Censorship'') e comezou unha xira polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e por [[Europa]].
 
En [[1988]], nos intervalos do seu traballo con [[Scream (banda)|Scream]], Dave comezou a compoñer algunhas cancións, coa axuda do seu amigo Barrett Jones, que tiña un equipo de gravación de 8 pistas, Dave desenvolveu un método propio de composición, creando primeiro as partes de batería, despois facendo riffs por riba da batería xa gravada para finalmente acertar as melodías e dinámicas con baixo e voz.
Liña 40:
A intención de Dave non era a de seguir unha carreira en solitario, senón a de crear unha nova banda. Na mesma época, a banda Sunny Day Real Estate, tamén de [[Seattle]] (que era moi coñecida na cidade e tiña un álbum lanzado pola [[Sub Pop]]) acababa de separarse. Dave convidou a dous ex-integrantes para formar Foo Fighters, o batería [[William Goldsmith]] e o baixista [[Nate Mendel]]. Aínda faltaba un segundo guitarrista, e entón Dave chamou ao seu ex-colega de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]], [[Pat Smear]], que tocara na xira de ''In Utero''.
 
Co material listo, foi moi doado para Foo Fighters lanzar o seu primeiro álbum, ''Foo Fighters'', editado en xullo de [[1995]]. A banda asinou un contrato coa Capitol e o disco foi lanzado en conxunto co selo Roswell, de propiedade da banda. Ao lanzamento seguiulle unha xira por pequenos clubs, e finalmente unha grande xira polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], [[Europa]] e [[Asia]] ata a metade de [[1996]]. O álbum vendeu máis de un millón e medio de copias e conseguiu o premio de vídeo do ano da MTV para o clip de "Big Me".
 
A xira rematou en xullo e Dave tivo só unha semana de descanso antes de compoñer toda a música da película ''Touch'' de Paul Schrader, onde novamente tocou todos os instrumentos coa excepción dalgunhas participacións especiais. A principios de outubro a banda xa estaba reunida novamente para iniciar a preprodución do segundo disco, no estudio de 24 canles de Barrett Jones.