División celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros tipos de división: Fungo (bioloxía)
Liña 35:
:Tamén se denomina xemación á reprodución asexual de certos animais, como o [[cnidario]]s, [[Poríferos|esponxa]]s e [[briozoo]]s, nos que unha xema que aparece no corpo do individuo inicial, crece formando un individuo novo; pero isto é un modo de reprodución asexual do animal máis que un tipo de división celular.
*'''Esporulación'''. A [[esporulación]] dáse nalgúns [[protozoo]]s, nos que en determinados momentos do seu ciclo vital a célula nai se rodea dunha cuberta resistente que a illa do exterior. Despois o núcleo divídese varias veces e orixina no interior da célula nai varias células fillas. Cando rompe a cuberta da célula nai saen as células fillas ou esporas, que, en condicións favorables, desenquístanse e orixinan células vexetativas normais.
:Tamén se denomina esporulación á formación de esporas das plantas [[fento|pteridófita]]s, [[briófita]]s e dos [[Fungo (bioloxía)|fungo]]s. Neste caso trátase dun tipo de reprodución asexual de todo o organismo por medio da liberación e posterior xerminación de esporas. As bacterias tamén poden formar endosporas de resistencia, que é unha forma de enquistamento e non de división.
*'''Amitose'''. A [[amitose]] é un tipo de división diferente á mitose. Na amitose o núcleo divídese por constrición, sen que se observe condensación da cromatina en cromosomas nin ningunha das fases ou cambios morfoxenéticos típicas da mitose. O reparto de cromosomas nas células parece ser aleatorio, polo que non aseguraría que as células fillas leven o mesmo número de cromosomas. Dáse tipicamente en protozoos [[ciliado]]s con macronúcleo poliploide con funcións vexetativas e micronúcleo diploide con funcións reprodutoras, como parte do seu ciclo de vida. No micronúcleo a división é por mitose e o reparto de cromosomas entre as células fillas é exacto, pero no macronúcleo a división faise por amitose.
:Tamén se fala de amitose na reprodución anormal de certas células patolóxicas no home e outros mamíferos <ref> Mitteilungen K. Amitosis in a new ascites tumor. http://www.springerlink.com/content/q5555k44j7u67681/</ref>. Pero observáronse amitoses tamén en células normais, como as adrenais e outras<ref name="pmid1802124">{{cite journal |author=Magallães MC, Pignatelli D, Magallães MM |título=Amitosis in human adrenal cells |journal= |volume= |pages= |year= |pmid=1802124 |doi=}}http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/1802124</ref>. Nos piñeiros irradiados de Chenobil (Ucraína) tamén se observaron casos de amitose<ref> Butorine A, Evstratov N. Amitosis in Pine as a result of Chronic Effects of Low Doses of Radiation and Chemical pollution. http://www.metla.fi/iufro/iufro95abs/d2pap55.htm</ref>.