Mahabharata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: yi:מאהאבהאראטא
Liña 2:
 
== Historia e características ==
Ademais da narración épica da guerra [[Kurukshetra]] e do destino dos [[Kaurava]] e os [[Pandava]], o ''Mahabharata'' contén moito material filosófico e relixioso, como por exemplo unha discusión dos catro "obxectivos da vida" ou ''[[purusharthas]]'' (12.161). Estes últimos enuméranse como ''[[dharma]]'' (acción correcta), ''[[artha]]'' (propósito), ''[[kama (Purusharthas)|kama]]'' (pracer) e ''[[moksha]]'' (liberación). Entre as principais obras e historias do ''Mahabharata'' están o [[Bhagavad Gita-guita]], a historia de [[Damayanti]], unha versión abreviada do Ramayana, e o [[Rishyasringa]], adoito considerado como unha obra en si mesmo.
 
Tradicionalmente, a autoría do ''Mahabharata'' atribúese a [[Vyasa]]. Houbo moitos intentos de descifrar o seu desenvolvemento histórico e as capas compositivas. As partes máis antigas do texto non son moi anteriores ao 400 a.C.<ref name=Brockington>Brockington (1998, p. 26)</ref> O texto probablemente acadou a súa forma definitiva a principios do [[Imperio Gupta|período Gupta]] (arredor do s.IV d.C.).<ref>Van Buitenen; The Mahabharata - 1; The Book of the Beginning. Introduction (Authorship and Date)</ref> O título pódese traducir como "a grande historia da dinastía Bhārata". Segundo o propio ''Mahabharata'', a historia estende unha versión máis curta de 24.000 versos chamada simplemente ''Bhārata''.<ref>''bhārata'' significa a descendencia de ''[[Bharata (emperador)|Bharata]]'', o rei lendario a quen se atribúe a fundación do reino ''[[Bhāratavarsha]]''.</ref>