Diastase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
==Historia e características==
A diastase foi o primeiro enzima descuberto. De feito, o sufixo -ase, de uso común para formar nomes de enzimas, procede da diastase. En [[1833]], os químicos franceses [[Anselme Payen]] e [[Jean-François Persoz]], que traballaban na industria azucreira, extraérona dunha solución de [[malta]] e este traballo conduciunos á sospeita de que as substancias similares (enzimas) puideran ter importancia en procesos bioquímicos. O nome ''diastase'' procede do [[lingua grega|grego]] διάστασις ("separación"), xa que cando a malta remollada para facer [[cervexa]] quece, o enzima cataliza a [[hidrólise]] incompleta do amidón da [[cebada]] en azucres solubles.
 
==Véxase tamén==