Lignina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 46:
 
==Biodegradación==
A biodegradación da lignina orixinaría a destrución da madeira, especialmente nas construcións de madeira, pero non é doada. Porén, a biodegradación da lignina é un prerrequisito para o procesamenteo de [[biofuel]] a partir de materia prima vexetal. Os modos actuais de procesamento orixinan algúns residuos problemáticos despois de procesar os contidos dixeribles ou degradables. A mellora dos modos de degradación da lignina faría que a produción fose máis eficiente.
 
A lignina é indixerible polos encimas animais, pero algúns [[fungo]]s (como o ''Polyporus squamosus'') e [[bacteria]]s poden secretar [[ligninase]]s (tamén chamadas ''lignases'') que poden degradar o polímero. Os detalles da biodegradación non se coñecen. A vía utilizada depende do tipo de pudrición da madeira realizada polos fungos. Os encimas implicados poden empregar radicais libres para as reaccións de despolimerización. <ref>{{cita libro|autor= Michael J. Carlile, Sarah C. Watkinson|título= The Fungi|editor= [[Academic Press]]|ano= 1994|isbn= 0-12-159959-0}}</ref> Encimas lignolíticos ben coñecidos son a manganeso peroxidase, lignina peroxidase e celobiosa deshidroxenase. Ademais, a causa do seus enlaces cruzados cos outros compoñentes da parede celular, a lignina minimiza a accesibilidade da celulosa e hemicelulosa aos encimas microbianos. Por tanto, en xeral a lignina está asociada coa redución da dixestibilidade do conxunto da biomasa vexetal, o cal axuda a defender as plantas contra [[patóxeno]]s e [[praga]]s.<ref name=sarkanen/>