Codia terrestre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Terra (homónimos)}}
[[Ficheiro:Erdkruste-i.jpg|thumb|1 - Codia continental.<br />2 - Codia oceánica.<br />3 - Manto.]]
A '''codia terrestre''' é a capa máis superficial da [[Terra]], parte da [[litosfera]], que ten un espesor variable entre os cinco quilómetros de profundidade nos [[océano]]s ata 70 km de profundidade media nas [[cordilleira]]s [[continente|continentais]]. A codia terrestre está composta por [[rocha]]s [[sílicesilicio|silíceas]], distinguíndose tres capas principais:
* '''Capa sedimentaria''': está formada por rochas sedimentarias que se sitúan sobre os continentes e sobre as plataformas continentais. Esta capa está formada por rochas repregadas que forman parte das cordilleiras actuais e antigas dos continentes e da base da plataforma continental, e por [[sedimento]]s recentes que se depositan fundamentalmente sobre a plataforma continental e os fondos mariños próximos ao continente.
* '''Capa granítica''': está formada por rochas parecidas ao [[granito]]. Forma a masa fundamental das zonas continentais emerxidas. Entre esta capa e a seguinte apréciase a '''descontinuidade de Conrad''', chamada tamén "canle da litosfera", que marca os límites da capa granítica e a capa inferior basáltica. Tanto a capa sedimentaria como a granítica son capas descontinuas e atópanse como flotando en equilibrio isostático sobre a capa basáltica, como o fai un [[iceberg]] sobre a [[auga]].