Terpeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 48:
 
=== Vía do mevalonato ===
Esta vía biosintética parte de dúas unidades de '''[[acetil coencima A]] (Ac-CoA)''', que se condensan por medio dunha [[condensación de Claisen]] para dar [[acetoacetil-CoA]] (AcAcCoA). Esta molécula volve a se condensar cunha terceira unidade de acetil-CoA para dar como produto o [[3-hidroxi-3-metilglutaril-CoA]] ([[HMG-CoA]]). O [[tioéster]] do coencima A redúcese para formar o aldehido correspondente, o mevaldehido (MVA), o cal se reduce a '''[[ácido mevalónico]] (MEV)''' (mevalonato). Por acción de dúas moléculas de [[ATP]] o mevalonato fosforílase orixinando MEV-P e MEV-PP, e descarboxílase para dar como produtos os precursores dos terpenos, o '''pirofosfato de isopentenilo (IPP)''' e o seu isómero, o '''pirofosfato de dimetilalilo (DMAPP)'''. A vía do mevalonato é practicamente universal e ten lugar no [[citosol]]. Por esta vía sintetízanse principalmente sesquiterpenos, triterpenos e politerpenos.<ref>{{cita libro | autor =Paul M. Dewick | título =Medicinal natural products: a biosynthetic approach | editorial =John Wiley and Sons | año =2009 | isbn =0470741686, 9780470741689 }}</ref>
[[Ficheiro:Ruta del mevalonato.png|thumb|550px|center|Vía do mevalonato.]]