Ácido beta-hidroxibutírico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
[[Ficheiro:Beta-Hydroxybutyric acid-2D-skeletal.svg|thumb|right|Ácido β-hidroxibutírico co seu OH no carbono β ou carbono 3.<br>[[Número CAS]]: 300-85-6.<br>[[Nomenclatura da IUPAC|Nome IUPAC]]: Ácido 3-hidroxibutanoico.]]
 
O '''ácido β-hidroxibutírico''' (tamén chamado '''ácido 3-hidroxibutírico''' <ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=441 3-hydroxybutyric acid]</ref> <ref>ChemSpider [http://www.chemspider.com/428 β-Hydroxybutyric acid]</ref> <ref>CHEBI [https://www.ebi.ac.uk/chebi/searchId.do?chebiId=20067 3-hydroxybutyric acid]</ref> ou, cando está ionizado, '''β-hidroxibutirato''') é un hidroxiácido que se considera un [[corpo cetónico]]. É un composto de 4 carbonos cun grupo [[carboxilo]] e un [[grupo OH]] no carbono 3 (ou carbono β despois do carboxilo). A posición do OH é o que lle dá os seus nomes alternativos β-hidroxi ou 3-hidroxi. Ao pH celular normal está ionizado en forma de β-hidroxibutirato. É un composto [[quiral]] que ten dous [[enantiómero]]s, o ácido <small>D</small>-3-hidroxibutírico e o ácido <small>L</small>-3-hidroxibutírico. Son isómeros do β-hidroxibutirato, o α-hidroxibutirato (co OH no carbono 2) e o γ-hidroxibutirato (co OH no carbono 4). Desde un punto de vista metabólico e fisiolóxico considérase un corpo cetónico, xunto coa [[acetona]] e o [[acetoacetato]], pero, en realidade, desde un punto de vista químico non contén ningún grupo [[cetona]], xa que é un hidroxiácido carboxílico. Igual que ocorre cos outros corpos cetónicos, o β-hidroxibutirato tamén aumenta a súa concentración no corpo durante a [[cetose]].