Rato knockout: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
Un '''rato knockout''' é un [[rato]] [[organismo modificado xeneticamente|modificado xeneticamente]] por [[enxeñaría xenética]] ao cal os investigadores lle inactivaron (ver [[knockout de xenes]]) un dos seus [[xene]]s ao interromper dito xene ou reemprazalo cun fragmento de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] artificial. A perda da actividade do xene a miúdo causa cambios no [[fenotipo]] do rato, que afectan á sua aparencia, comportamento, metabolismo ou calquera outra característica física ou bioquímica observable ou detectable.
 
Os ratos knockout son importantes animaismodelos modeloanimais para a experimentación no estudo da función de xenes que xa foron secuenciados pero dos que se descoñece as súas funcións. Facendo deste modo que se inactive un determinado xene no rato, e observando as diferenzas entre o comportamento ou fisioloxía normais e as que presenta despois do procedemento do knockout, os investigadores poden inferir a súa probable función.
 
Os ratos son actualmente a especie modelo máis próxima ao home na que pode aplicarse con maior facilidade a técnica do knockout. Son amplamente usados nas investigacións xenéticas sobre a fisioloxía humana. O [[knockout de xenes]] nas [[rata]]s é moito máis difícil ca en ratos e só leva realizándose desde 2003. <ref>[http://www.nature.com/news/1998/030512/full/news030512-17.html naturenews, 19 May 2003]</ref><ref>[http://molpharm.wisc.edu/Faculty/fac_pages/gould/Pub12754522.pdf Y Zan et al., Production of knockout rats using ENU mutagenesis and a yeast-based screening assay, Nat. Biotechnol. (2003).]</ref>