Historia de Lugo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
Woden (conversa | contribucións)
Liña 118:
En [[1312]] os habitantes de Lugo subleváronse contra o bispo, [[Xoán Hernández]] (relixoso dominico e confesor de Fernando IV, que estivo no cargo dende 1307 ata o seu pasamento en 1318), xa que este intentara recobrar o señorío da cidade. Por elo, os habitantes atacaron o pazo episcopal, capturaron á súa guarnición e feriron ao bispo, quen se negou a entregarlles a bandeira e as chaves da cidade e foi expulsado da cidade. O pleito foi levado ante Fernando IV, quen o 23 de xuño de 1312 sentenciou en favor do bispo e en contra do concello de Lugo. Ademais, o rei ordeou ao infante Filipe, que seguía a ser [[Pertigueiro Maior de Santiago]] e [[Comendeiro da Cidade de Lugo]] e a [[Afonso Suárez de Deza]], Adiantado Maior de Galiza, que fixeran cumprir o veredicto que emitira aos habitantes de Lugo.
 
Antes de pasadosque pasaran tres meses da sentencia morreu Fernando IV e o Concello retomou o pleito e, o infante Filipe, lonxe de cumprir a sentencia que dictara Fernando IV, tomou o señorío da cidade ofrecido polo Concello chegando a construir unha fortaleza con dúas torres para a defensa deste. O bispo buscou a alianza de don Alonso, fillo do [[Xoán Afonso de Borgoña|infante Xoán]] e, para atraelo á súa causa, entregoulle en [[1315]] a encomenda das terras do Couto de Lugo e de Pallares.
 
O bispo buscou a alianza de don Alonso, fillo do [[Xoán Afonso de Borgoña|infante Xoán]] e, para atraelo á súa causa, entregoulle en [[1315]] a encomenda das terras do Couto de Lugo e de Pallares.
 
En [[1316]] movementos comunais.