Reino de Iugoslavia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m "A partir de" loc. prep. Tomando como punto de partida [aquilo que se di]
Liña 60:
== Historia ==
 
O [[1 de decembro]] de [[1918]] foi proclamado por [[Alexandre Karađorđević]], príncipe [[rexente]] polo seu pai, o rei [[Pedro I de Serbia|Pedro I]], quen formalmente era o rei de Serbia. O novo reino foi formado a partirespartir dos antigos reinos independentes de [[Serbia]] e [[Montenegro]], así como tamén unha cantidade substancial de territorio que antigamente foi parte do [[Imperio Austrohúngaro]]. As terras de Austria-Hungría que formaron o novo estado incluían [[Croacia]], [[Eslavonia]] e [[Voivodina]] da parte húngara do imperio; [[Carniola]], parte de [[Estiria]] e a maior parte de [[Dalmacia]] ao lado austríaco, ademais da provincia imperial de [[Bosnia-Hercegovina]].
 
Un plebiscito levou a cabo na provincia de Carintia, a cal optou por seguir en [[Austria]]. A cidade porto dálmata de Zadar e unhas cantas illas dálmatas foron outorgadas a [[Italia]]. A cidade de [[Rijeka]] foi declarada cidade-estado libre, pero pronto foi ocupada e anexada en [[1924]] por Italia. As tensións na fronteira con Italia continuaron, cos italianos reclamando máis áreas da costa dálmata e Iugoslavia reclamando pola súa banda a península de [[Istria]], parte da antiga provincia costeira austríaca que fora anexada a Italia, pero que contiña unha poboación considerable de croatas e eslovenos.