Fernando de Casas Novoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
morreu en 1749, non en 1750
m mudando "él" por "el", pronome persoal
Liña 13:
Pero o auténtico espírito creativo de Casas Novoa agromará na capela da Nosa Señora dos Ollos Grandes, na catedral de Lugo. Cúpula sobre bóvedas de forno, arcadas que arrincan dos piares, rica policromía onde mandan os dourados, volutas, variada iconografía... capela e baldaquino constitúen conxuntamente unha das obras cumes do barroco galego.
 
O seu espírito inquedo e xenial distaba de esgotarse: a igrexa dos monxes bieitos do [[mosteiro de Vilanova de Lourenzá]], en particular a súa fachada esbelta e elegante, anuncia que o mellor está por chegar. Seguiu con traballos para a igrexa dos xesuítas na Coruña, a de San Andrés de Cedeira ([[Redondela]]) e para a sancristía, claustro e a portada principal do imponente [[mosteiro de San Martiño Pinario]]. Mestre de Obras deste cenobio, deixou para élel un traballo inmorredeiro: o retablo maior bifronte da igrexa benedictina. Esta realización, cos retablos laterais e os dous órganos na mesma igrexa constitúen un conxunto escénico e artístico de alto nivel a escala mundial. Tamén nesta basílica deseñou a capela de Nosa Señora do Rosario.
 
==Xenio inmortal==