Castromao, A Veiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 20:
A Igrexa de Castromao é unha fermosa mostra da arquitectura popular da zona. O seu retablo é de finais dos [[século XVI]] (renacentista), con grandes columnas e un enorme frontón triangular. Destacan nesta igrexa o artesonado, o chan de madeira orixinal e os catro Evanxelistas. Estas esculturas son obra de [[Gregorio Español]], escultor dos séculos XVI e XVII, autor de obras como o Coro da Catedral de Santiago de Compostela e introdutor do "manierismo" en Galicia.
 
Na parroquia de Castromao había un xacemento defensivo correspondente á Idade de Ferro ou época romana, no paraxe coñecido como O Castro. O castro, situando nun alto cun pequeno recinto superior ou "croa", no que afloran masas rochosas e un antecastro que a rodea. Ambos recintos están separados entre si por un terraplén. No seu conxunto ten unhas dimensións aproximadas de 250 metros de este a oeste por 210 metros de norte a sur. Este asentamento de Castromao está rodeado por un sistema de muralla, parentementeaparentemente de terra, completado por un terraplén, foso e parapeto.
 
==Festas==