Praia da Concha, Donostia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 24 de febreiro de 2012 ás 22:30

A Praia de La Concha é unha praia situada na Baía da Concha da cidade de Donostia-San Sebastián (España). É unha das praias urbanas máis famosas de todo o país.

Praia de La Concha

Situada ao oeste da desembocadura do río Urumea, separada do mesmo polo monte Urgull e aloxada na Baía da Concha, ten unha lonxitude media de 1.350 m, unha anchura media de 40 m e unha superficie media de 54.000 .

É unha praia de substrato arenoso e pouca profundidade, na que o percorrido das mareas a miúdo limita a superficie útil para o uso. Pode considerarse unha praia de contorna urbana e uso masivo. Os accesos peonís a ela son bos, así como os transportes públicos e aparcadoiros subterráneos. É ademais desde 2007, un dos 12 Tesouros de España.[1]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas