Courtney Love: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m r2.6.5) (Bot: Engado: ga:Courtney Love
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxiño
Liña 31:
Aos 14 anos Love foi arrestada por conduta criminal e roubo despois de roubar unha camiseta, sendo enviada a un centro de detención para mozos. Sería enviada durante un tempo coa súa nai a [[Nova Celandia]], pero, debido a que se negou a estar con ela, regresou aos [[Estados Unidos]], onde foi admitida no Hillcrest Youth Correctional. Entre os anos [[1978]] e [[1980]] Love pasaría por unhas 20 centros de menores e casas de acollida.
 
Aos 16 anos Love escapou do sistema xuvenil de [[Oregon]] e obtivo a emancipación legal da súa familia. Posteriormente viaxou a [[Inglaterra]], [[Irlanda]] e [[Xapón]], vivindo dun fondo creado para ela polos pais adoptivos da súa nai. Mentres estivo en [[Irlanda]] Love estivo dous semestres no Trinity College de [[Dublín]] e traballou de fotografafotógrafa para ''Hot Press''. Déronlle 500 dólares cada mes e comezou a coller traballos en clubes de striptease para gañar cartos extra. En [[Inglaterra]] trasladouse á casa do músico de [[Liverpool]] Julian Cope, de The Teardrop Explodes, e comezou a ir con regularidade a concertos de rock. Tamén se fixo amiga de [[Ian McCulloch]], de [[Echo and the Bunnymen]].
 
Love regresou a [[Portland, Oregon|Portland]] aos 17 anos, e formou parte da escena [[punk rock]] da cidade. Segundo ela traballou como DJ na emisora comunitaria de radio KBOO, e escribiu un artigo baixo o nome "Courtney Michelle" no fancine punk ''MRR''.