Historia de México: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Mesoamérica: Pirámide (construción) |
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a Fraga (botánica) na páxina "Fraga" |
||
Liña 34:
Pero novos pobos, que penetraron grazas á desaparición de [[Teotihuacán]], déronlle transformación á organización política existente. Houbo cambios nos réximes teocráticos por gobernos da maioría militarista; isto pódese apreciar nas pinturas e na escultura da época nas que os guerreiros substitúen aos sacerdotes. Así, coñecese a segunda gran cultura do altiplano mexicano, a dos '''toltecas'''. A cultura tolteca desenvolveuse na zona que hoxe corresponde ao estado de [[Hidalgo]] e unha parte de [[Querétaro]]. Houbo unha grande influencia no seu redor, tanto nas súas concepcións de organización social, coma nas relixiosas e nas artísticas, transcendendo amplamente polas súas achegas culturais. A cidade de [[Tula]] converteuse deste modo nun elevado foco cultural. Como xa se dixo, ao rematar a hexemonía de [[Teotihuacán]] no val de México, abriuse un período de fragmentación nos que moitos estados pequenos dividíronse o territorio. Un destes pequenos grupos, o [[mexica]], pouco importante politicamente nun principio, daría lugar a gran cultura que atoparon os españois no altiplano, nucleada ao redor da grande urbe de Tenochtitlan. No ano 1325 establecéronse nunha pequena illa no arquipélago do [[lago de Texcoco]]; o seu asentamento era símbolo da humildade da súa condición e do desprezo de que eran obxecto por parte dos pobos veciños, posto que os mexicas eran vasalos dos tepanecas de Azcapotzalco, situación que había de perdurar ata o ano 1427, momento no que se rebelan e logran a súa independencia iniciando así a súa ascensión política. Así, en menos de cen anos lograron constituírse no centro do mundo mesoamericano, coñecido por aquel tempo como o inicio do imperio [[Azteca]], do que volveremos a tratar un pouco máis adiante. [[Ficheiro:39530972azt.jpg|thumb|right|200 px|Os [[azteca]]s foron a fusión derradeira da todas as culturas relixiosas e culturais do estado de México.]]
No sueste, entre as [[
As migracións de grupos culturalmente menos desenvolvidos, co contacto e o enfrontamento cos pobos xa asentados. En consecuencia os [[Otomí]]s cunha cultura inferior á mesoamericana ocupan o val do [[Mezquital]] e a cunca de México (ocorría isto entre os anos 650 o 900), onde recibiron influencias dos pobos veciños. Os Tolteca-Chichimecas, pobos nahuas procedentes probablemente dos territorios de Jalisco e Zacatecas, tamén iniciaron a invasión do territorio no que aumentarían a súa cultura e dominarían por un longo período a política dos novos estados. Seguíase nunha etapa militarista, coa formación de imperios. O comercio foi unha actividade fundamental que, ademais de permitir o intercambio de produtos e materias primas, facilitaba o contacto cultural. Destas altitudes xa parece a introdución da metalurxia.
|