Francisco Díaz-Fierros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de Compostela
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma galego > lingua galega
Liña 11:
Ao seu regreso de Francia pasa a traballar no [[Centro de Edafoloxía e Bioloxía Vexetal]] do [[C.S.I.C.]] en Santiago, até [[1970]], ano no que obtén a praza de profesor adxunto de [[Edafoloxía]] na [[Facultade de Farmacia]] de Santiago. Desde [[1987]] é catedrático de [[Edafoloxía e Química Agrícola]] da Universidade de Santiago.<ref>[http://www.galegos.info/francisco-diaz-fierros-viqueira. Gelegos. www.galiciadigital.com] Consultada o 23 de abril de 2011.</ref>
 
Do seu interese polo [[solo]] (e polo [[Idiomalingua galegogalega|galego]]) dá fe o feito de que foi, en colaboración co profesor [[Antón Santamarina]], o propoñente do termo "solo", no galego común, como ''obxecto do estudo da edafoloxía''.<ref>Santamarina Fernández, A. e Díaz-Fierros V., F. "Precisións semánticas sobor do emprego en edafoloxía das verbas "chan", "solo" e "terra" en ''Braña'' Bol. Soc. Gal. Hist. Nat., Ano 1978, Nº 2 (99-103).</ref>
 
O seu labor científico céntrase, basicamente, no estudo dos [[solo]]s e da [[climatoloxía]] agrícola de Galicia, sendo autor ou coautor de case 300 traballos en diferentes liñas: os factores de formación dos solos, as propiedades físicas de solos de zonas húmidas, a avaliación e [[cartografía]] dos solos de Galicia e zonas húmidas, a [[erosión]], os procesos de [[Ecoloxía|degradación]] de [[incendio forestal|superficies queimadas]] e a súa [[recuperación]], ou a [[paleoecoloxía]] <ref>[http://www.consellodacultura.org/interaccion/centroprensa/curriculums/curri_fierros.htm Currículum Francisco Díaz-Fierros Viqueira], Web do [[Consello da Cultura Galega]]</ref>, que foron publicados en diferentes e relevantes [[Revista científica|revistas científicas]].