Historia de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
engado outra teoría sobre o nome
Liña 8:
O nacemento de Santiago como se coñece agora está ligada á descuberta (presumible) dos restos do [[Santiago o Maior|Apóstolo Santiago]] entre o [[820]] e o [[835]], a elevación do rango relixioso dos restos, a Universidade e na actualidade á capitalidade de Galiza.
 
Segundo a tradición medieval, como aparece por primeira vez na [[Concordia de Antealtares]] ([[1077]]), o eremita Paio alertado por luces nocturnas que se producían no bosque de Libredón avisou o bispo de [[Iria Flavia]], [[Teodomiro, bispo|Teodomiro]], quen descubriu os restos de [[Santiago o Maior]] e de dous dos seus discípulos, no lugar que posteriormente se levantaría Compostela, topónimo que podería vir de ''Campus Stellae'', isto é "campo de estrelas", ou máis probabelmente de ''Composita Tella'', "terras ben axeitadas", eufemismo por cemiterio; ou mesmo "[Ja]Com[e A]postol[u]"). O nome tamén se ten relacionado co hipocorístico ''Compostela'', correspondente ao antropónimo ''Composta''. A descuberta propiciou que [[Afonso II]], necesitado de cohesión interna e apoio externo para o seu reino, fixera unha peregrinación que anunciou no interior do seu reino e no exterior, a un novo lugar de [[Peregrino de Santiago de Compostela|peregrinación]] da cristiandade nun momento no que a importancia de [[Roma]] decaera e [[Xerusalén]] non era accesible por estar en poder dos [[musulmán]]s.
 
==Santuario medieval==