Inhibina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 100:
Fórmase na hipófise e encóntrase tamén no líquido folicular dos folículos ováricos. Cando unha muller está embarazada produce tamén inhibina na [[placenta]]. Non se sintetiza homoxeneamente ao longo do tempo senón en forma de pulsos, en certos momentos do [[ciclo ovárico]]. En xeral a cantidade de inhibina no sangue varía de maneira similar á de [[estróxeno]]s. Deste modo, a inhibina A segrégase a metade da fase lútea do ciclo ovárico, é dicir, unha semana despois da [[ovulación]], entanto que a inhibina B se segrega dúas veces, unha na ovulación e outra ao inicio e final da fase folicular do ciclo ovárico, aproximadamente durante unha semana desde que se ten a menstruación cada mes. A inhibina diminúe drasticamente no corpo da muller a partir da [[menopausia]].
 
Os nomeshomes producen outras hormonas que son similares á inhibina, a alfa inhibina e a beta inhibina, nas [[vesícula seminal|vesículas seminais]] e na [[próstata]], respectivamente. <ref name=fuentes/>
 
A inhibina regula o ciclo menstrual conxuntamente coa [[activina]], unha hormona proteica moi relacionada con ela e con estrutura química parecida (unha das subunidades é igual). A inhibina e a activina teñen efectos opostos.