Lavanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
correccións
Lameiro (conversa | contribucións)
correccións
Liña 38:
En estado salvaxe poden vivir entre 10 e 15 anos, pero sábese de animais domésticos que chegaron a idades moi superiores.
 
A conduta migratoria é moi variable, pero os lavancos que viven na zona norte da súa distribución son estritamente migratorios, e a especie esta incluída no [[AEWA]] ("Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias de [[Eurasia]] e [[África]]"). En [[Europa]] os do leste e norte emigran a partir de outubro cara o sur, o centro e o oeste do continente. Os exemplares do oeste e sur de Europa son sedentarios. Os do centro poden emigrar, facer desprazamentos curtos ou ser sedentarios.
 
== Alimentación ==
Liña 50:
A época de aparellamento en [[Europa]] é o comezo da primavera. A [[danza nupcial]] ten un ritual complicado. Os machos forman un círculo para realizar a "danza", que é observada polas femias desde un circulo exterior. Ás veces algúns machos que quedan sen parella perseguen a unha femia ata que esta accede a ser copulada polos membros do grupo. Ocasionalmente uns machos poden atacar a outros do mesmo xeito.
Os lavancos forman parellas só ata que a femia pon os [[Ovo (bioloxía)|ovos]], momento en que o macho a abandona. Fan os niños de plantas, cerca da auga. A niñada é de entre 7 e 16 ovos, que son chocados de 25 a 28 días. Os polos son precoces e poden nadar e buscar alimentos desde que nacen, aínda que se manteñen preto da mai, da que dependen para impermeabilizar a plumaxe, buscando protección. A conduta dos parruliños ó naceren para identificar a súa nai ten sidofoi moi estudada e é un momento decisivo do ciclo reprodutivo. Esta fase coñecida como ''impresión'' diferénciase doutros tipos de aprendizaxe por dúas características: é irreversible e limítase a unha periodo crítico moi curto. Os patiños tardan entre 50 días e dous meses en ter as plumas completamente desenvolvidas e ser capaces de voar.
[[Ficheiro:Anas_platyrhynchos_ducklings.jpg|thumb|Pitos]]
 
Liña 63:
A consideración de que o suposto maior atractivo sexual dos machos salvaxes, orixinado pola súa plumaxe, favorecería, en xeral, a hibridación entre femias domésticas e machos bravos e non ó revés, parece ser incorrecta (Rhymer ''et al.'' 1994, Kulikova ''et al.'' 2004).
 
De tódolos xeitos a hibridación non é a amenaza meirande para a subsistencia dasdos anátidasanátidos. O [[Pato de Laysan]] (''Anas laysanensis''), da illa de [[Laysan]] en Hawai, parente do lavanco cunha pequena poboación, podería ter hibridado con lavancos migratorios pero os híbridos non parecen adaptarse as condicións de vida da illa e desaparecen axiña. En xeral, as causas da desaparición das especies locais teñen máis que ver coa caza, os cambios ecolóxicos e o illamento dalgunhas delas que cos cruces cos lavancos.
 
== O parrulo urbano ==
Liña 69:
 
=== Aspecto ===
Os exemplares que viven en vilas e cidades teñen coloracións "defectuosas". Son en xeral máis escuros, ás veces negros, marróns ou gris escuros. A miúdo teñen un "babeiro" branco no peito. De tódolos xeitos a coloración eé moi variable e nalgunhas zonas está máis preto da orixinal que
noutras.
 
Liña 91:
{{Commons|Anas platyrhynchos|Lavanco}}
 
[[Categoría:AnátidasAnátidos]]
 
[[als:Stockente]]