Arteriosclerose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
Liña 17:
 
=== Aneurisma ===
Se, en vez de provocar unha oclusión, a arteriosclerose produce un debilitamento da parede arterial, a [[presión sanguínea]] acaba por dilatar a arteria, dando lugar a un [[aneurisma]]. Os aneurismas son grandes sacos de sangue que van aumentando de tamaño e poden dar lugar a diversas complicacións, nomeadamenteespecialmente:
;[[Trombose]]: dentro do saco aneurismático prodúcense unhas turbulencias que ocasionan a formación dun [[trombo]] nas paredes do aneurisma. Este trombo vai medrando até obturar todo o saco aneurismático.
;[[Embolia|Embolización]]: o trombo formado na parede do aneurisma pódese fragmentar; os anacos que se desprenden son arrastrados polo fluxo sanguíneo e poden chegar a ocluir arterias de calibre máis pequeno.
Liña 24:
== Epidemioloxía ==
A arteriosclerose é a principal causa de morte nos países occidentais, especialmente entre os maiores de 65 anos. Estas mortes débense fundamentalmente a que afecta ao corazón nos varóns maiores de 35 anos e en ambos os dous sexos nos maiores de 45. Tamén é a causa do 90% dos infartos cerebrais isquémicos. Un 4% dos maiores de 65 anos padecen dun aneurisma de [[aorta]] abdominal. Os factores que predispoñen ou favorecen a aparición da arteriosclerose son:
* Hiperlipidemia. Exceso de [[lípido]]s no sangue, nomeadamenteespecialmente [[colesterol]] e [[triglicérido]]s.
* [[Hipertensión]] arterial. Favorece a aparición de lesións aterosclerosas, accidentes vasculares cerebrais e o medre dos aneurismas de aorta abdominal.
* [[Tabaco]]. Factor de risco número un para as lesións nas arterias de extremidades inferiores.