Odontoblasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiño
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 15:
 
==Orixe e secreción de dentina==
Os odontoblastos aparecen nos sitios onde vai ter lugar o desenvolvemento dos dentes ás 17–18 semanas de desenvolvemento embrionario no [[útero]] e permanecen ata a morte a non ser que sexan matados por unha infección bacteriana ou ataque químico, ou indirectamente por outros medios (por exemplo, ser aspirados en operacións [[odontoloxía|odontolóxicas]]). Os odontoblastos segregan a dentina durante toda a vida (é a dentina secundaria, formada unha vez que a formación do dente é completa), o cal é un xeito de compensar o desgaste natural do esmalte do dente.
 
Os odontoblastos segregan tamén dentina terciaria cando se irritan. A produción desta dentina terciaria débese a miúdo a ataques químicos, causados por substancias químicas que difunden a través da dentina e irritan aos odontoblastos, ou por difusión de metabolitos tóxicos bacterianos nos túbulos dentinais en casos de [[carie]]. Esta dentina terciaria denomínase [[dentina reactiva]] (formada como reacción ante un dano). É un intento de facer máis lento o progreso da carie para que non chegue á pulpa. En caso de que unha infección se abra paso pola dentina ata chegar á pulpa ou preto da pulpa, ou no caso da morte dos odontoblastos debido a outro tipo de ataques (por exemplo, químicos ou físicos), as [[célula nai pulpar|células nais pulpares]] poden diferenciarse en células similares a odontoblastos, as cales segregan a outra forma de dentina terciaria, a [[dentina reparativa]], debaixo do lugar do ataque. Isto non só fai máis lento o progreso do ataque, senón que tamén impide a difusión das bacterias e dos seus metabolitos na pulpa, reducindo a probabilidade de necrose parcial da pulpa.