Dead Kennedys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxiños
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 58:
 
=== ''Bedtime for Democracy'' e separación ===
Ademais do xuízo por obscenidade e de ser ignorados polos principais medios (a [[MTV]] e a meirande parte das radios prestáronlle á banda moi pouca atención), o grupo tamén se desilusionou coa escena ''underground''. A escena [[hardcore punk]], que tiña sido un refuxio para intelectuais do libre pensamento e inconformistas oprimidos, estaba atraendo a ''hooligans'' que ían aos concertos punk só para bailar violentamente e pegarse coa música. Nos primeiros anos a banda criticara aos neo-nazis por intentar arruinar a escena punk, pero un problema crecente foi o aumento de popularidade do [[thrash metal]] e o macho estereotipado "post-1982 hardcore" que levou ao grupo (e ao seu xénero) a unha audiencia que pouco tiña que ver coas ideas e ideais que representaba. En xaneiro de 1986, frustrados e alienados pola súa propia escena, os Dead Kennedys decidiron separarse para perseguir outros intereses e realizaron o seu último concerto o [[21 de febreiro]]. A banda continuou traballando en cancións, con Biafra compoñendo temas como "Chickenshit Conformist" e "Anarchy for Sale", nas cales articulaba os seus sentimentos con respecto ao embrutecemento do [[punk rock]].
 
Durante o verán dese ano gravaron esas cancións para o seu derradeiro álbum, ''[[Bedtime for Democracy]]'', que foi lanzado en novembro. A portada, que representa unha [[Estatua da Liberdade]] desfigurada invadida polos nazis, os medios, os oportunistas, membros do [[Ku Klux Klan]], membros corruptos do goberno e zombis relixiosos, fíxose eco da idea de que a escena punk xa non era un refuxio seguro para a xente que quería "respirar en liberdade". O álbum contén un feixe de rápidas e curtas cancións intercaladas co [[jazz]] ("D.M.S.O."), o ''spoken word'' ("A Commercial") e a psicodelia ("Cesspools In Eden"). O enfoque lírico é máis introspectivo e serio ("Where Do Ya Draw The Line?"), con temas contra a guerra e a violencia ("Rambozo The Clown"), alonxándose da imaxinería violenta dos seus primeiros discos, sen deixar de ser tan subversivos coma nunca ("I Spy", "D.M.S.O."). En decembro a banda anunciou a súa separación. Biafra falou sobre as súas crenzas políticas en numerosos programas de televisión e editou un feixe de discos de ''spoken word''. Ray, Flouride e Peligro tamén comezaron carreiras en solitario.