Saudade (revista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
cursiva
m →‎Publicación: Lingua castelá
Liña 7:
A publicación da revista ''Saudade'' desenvolveuse en dúas etapas. A primeira delas entre os anos 1942 e [[1944]], na que se publicaron os números 1 ó 5; a segunda entre [[1952]] e 1953, na que saíron os números 5 bis e 7. O número 6 non parece que fora publicado nunca.
 
Dentro da liña editorial de ''Seudade'' estivo sempre a defensa da [[lingua]] e o seu mantemento e difusión fóra de Galicia. No número 7 [[Ramón Cabanillas]] di que a lingua é a defensa e o máis transcendente signo de identidade do país. A lingua é unha bandeira ideolóxica que centra frases propagandísticas e textos doutrinais ao longo dos sete números da publicación. Mesmo con frecuencia os anuncios das páxinas [[Publicidade|publicitarias]] levan textos en [[galego]]. As achegas de colaboradores non galegos foron tamén traducidas ó galego. Os textos en [[Lingua castelá|castelán]] pouquean.
 
''Saudade'' tomou como motivo principal a publicación de contidos relacionados co ámbito galego, máis concretamente os de interese para os exiliados galegos en México. Trátase de páxinas de carácter cultural, defensoras e divulgadoras da lingua en [[América]], con atención particular á creación [[Literatura galega|literaria]]. A súa orientación [[política]] é de signo [[Galeguismo (política)|galeguista]] e [[Nacionalismo galego|nacionalista]], e a súa posición antifascista intensifícase nos dous derradeiros números.
 
== Contidos ==