Xornada Mundial da Xuventude: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 1:
[[Ficheiro:Wydrome2000.jpg|thumb|World Youth Day in Rome, 2000|400px|right|'''Xornada Mundial da Xuventude 2000''' en [[Roma]]]]
 
A '''Xornada Mundial da Xuventude''', tamén coñecida co [[acrónimo]] '''WYD''' en inglés, é un encontro internacional dos mozos de tradición [[Igrexa Católica Romana|católica]], coa presenza do [[Papa]]. Celébrase en dúas modalidades: o [[Domingo de Ramos]] de cada ano na igrexa local e un encontro co Papa en [[Roma]]; e cada dous ou tres anos unha cita específica do mundo cunha gran reunión que apoia o procedemento formal consolidado cos anos e cun grande numero de participantes de tódalas partes do mundo. Este último encontro, de varios días de duración, asóciase ó nome de ''Xornada Mundial da Xuventude''. En [[agosto]] de [[2005]] en [[Colonia - Köln|Colonia]] celebrouse a [[Xornada Mundial da Xuventude 2005]] na que participaron un millón de mozos.{{Cómpre referencia}} A seguinte tivo lugar en [[Sidney - Sydney|Sidney]] do [[15 de xullo|15]] ao [[20 de xullo]] de [[2008]], a segunda, trala de [[Bos Aires]], organizada no hemisferio austral. En 2011 celebrouse en Madrid.
 
==O sentido da XMX==
A Xornada Mundial da Xuventude proponse como experiencia da fe na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]]; ten como protagonistas os mozos. Os participantes teñen obxectivos precisos: encontrarse, crecer interiormente a través do intercambio de experiencias e pregar co [[Papa]]. Trátase dunha peregrinación.
 
A sé da Xornada é escollida polo Papa.