Terápsidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
correccións
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 42:
'''Therapsida''' ou '''terápsidos''', coñecidos tamén como [[réptil]]es mamaliformes, forman un orde da clase [[Synapsida]] (sinápsidos) que atopamos en estado [[fósil]]. Os terápsidos son ancestros dos [[mamíferos]].
 
Xorden no período [[Pérmico]], no final da [[Era Paleozoica]], sendo descendentes dos réptiles pelicosauros ([[Pelycosauria]]). Moitas especies desapareceran no evento de extinción en masa acontecido no fin do período [[Pérmico]], pero as especies supervivintes conseguiron adaptarse e acadaron o seu apoxeo no período [[Triásico]], xa na [[Era Mesozoica]], cando dominaron o ambiente terrestre e se espallaron pola [[Panxea]], ocupando moitos nichos ecolóxicos e dando orixe a moitas novas especies. Con todo, ao final do Triásico, houbo outra gran extinción e os terápsidos practicamente desapareceron e foron substituídos como grupo dominante polos emerxentes [[dinosauro]]s (con quen non tiñan parentesco directo). Unhas poucas especies perduraron ata o final do período [[Cretácico]], cando finalmente desapareceron.
 
== Características ==
Liña 48:
Os terápsidos posuían características similares aos mamíferos. Entre elas destacan a heterodontia (variacións no formato dos dentes); mecanismos de regulación da temperatura (homeotermia) e, nalgunhas especies máis evolucionadas, presenza de pelos. Os mamíferos xurdiron a partir de especies da suborde [[Cynodonta|Cynodontia]], no período Triásico.
 
De postura [[Cuadrúpedetetrápodo|cuadrúpeda]] e alimentación [[Carnívoro|carnívora]] e [[Herbívoro|herbívora]], segundo as especies, proliferaron durante as eras [[Paleozoico|Paleozoica]] sendo dominantes durante o período [[Pérmico]] e [[Mesozoico]] (entre 250 e 190 millóns de anos atrás).
 
Ao contrario dos dinosauros, os terápsidos son pouco coñecidos polo público en xeral, mesmo sendo os ancestros directos dos mamíferos e tendo un rexistro paleontolóxico bastante completo.