Morgause: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Morgause''', tamén coñecida nas obras mais temperás como '''Gwyar''' ou '''Anna''', é a irmá ou medio irmá do Rei Artur na Materia de Bretaña. Na súa primeira a..."
 
traducido da en.wikipedia.org
Liña 1:
'''Morgause''', tamén coñecida nas obras mais temperás como '''Gwyar''' ou '''Anna''', é a irmá ou medio irmá do [[Rei Artur]] na [[Materia de Bretaña]]. Na súa primeira aparición, ela é a irmá de Artur e filla de [[Uther Pendragon]] e [[Igraine]]; chámase Gwyar e é a nai de Gwalchmei. En ''[[Historia Regum Britanniae]]'' de [[Geoffrey de Monmouth]] (1136), ela é Anna, nai de [[Gauvain]] e de [[Mordred]]. En obras máis tardías xa aparece como Morgause, filla de [[Igraine]] e de [[Gorlois]]. Máis tarde, Morgause queda en estado de Mordred despois de deitarse con Artur cando aínda non estaban ó tanto da súa relación familiar. O seu marido é o [[Rei Lot]], un inimigo de Artur nas rebelións que seguiron a súa coroación.
 
Tamén se lle atribúen como irmás a [[Elaine]] e [[Morgana]]. Os traballos tardíos outórganlle cinco fillos, todos homes, mentres que as primeiras obras tamén fala dalgunha filla. Do máis vello ó máis novo, os fillos de Morgause son [[Gauvain]], quen chegou a ser un dos mellores [[cabaleiros da Táboa Redonda]], [[Agravain]], un traidor miserable, [[Gaheris]], [[Gareth]], un cabaleiro amábel e cariñoso, e [[Mordred]], o seu fillo con [[Rei Artur|Artur]]. Os seus fillos desempeñan papeis fundamentais na historia de Artur e o seu reino. Tamén aparece como un personaxe activo en ''[[Le Morte D'Arthur]]'' de [[Thomas Malory]], en [[Lancelot-Graal]] e no [[Ciclo da Pos-Vulgata]].
 
== Véxase tamén ==