Péptido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
En canto ás reaccións do grupo '''amino''', é moi interesante a reacción co '''reactivo de Sanger''' para secuenciar, xa que se temos o 2,4-dinitrofenil-péptido e o hidrolizamos por hidrólise aceda, se hidrolizarán todas as ligazóns peptídicos e obteremos o dinitrofenil do primeiro aminoácido da secuencia, o <math> NH_2 </math> terminal, máis o resto dos aminoácidos disgregados no medio.
 
Con esta reacción Sanger conseguiu secuenciar a [[insulina]].
 
Nesta reacción, o núcleo coloreado de dinitrobenceno únese ao átomo de nitróxeno do aminoácido para producir un derivado amarelo, o derivado 2,4-dinitrofenil ou DNP-aminoácido. O composto DNFB reaccionase co grupo amino libre do extremo amino dun polipéptido, así como tamén cos grupos amino dos aminoácidos libres. A ligazón C – N que se forma é polo xeral moito máis estable que unha ligazón peptídica. Desta forma, facendo reaccionar unha proteína nativa ou un polipéptido intacto co DNFB, hidrolizando a proteína en ácido e illando os DNP-aminoácidos coloreados, pode identificarse o grupo amino terminal do aminoácido nunha cadea polipeptídica. O grupo amino-terminal da lisina e algúns outros grupos funcionais das cadeas laterais tamén reaccionasen co DNFB.