Ceca de Lucus Augusti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 12:
* [[Quinario]]s, teñen un peso de arredor de 1.8 gr e un diámetro de 10 mm. A cabeza do emperador Augusto mira cara a dereita e a lenda ''AVGVST'', no reverso figuran motivos bélicos e a lenda ''CARISIV LEGO''.
 
* [[Ás|Ases]], a diferenza das dúas moedas anteriores que eran de prata, os ases, pezas de bronce eé a cuñación máis numerosa. Hainos de dous tipos: a cuñación oficial e a cuñación de tipo bárbaro. A primeira presenta un busto estilizado e ben definido namentres que a segunda presenta unha factura descoidada, con múltiples variantes no cuño, teñen un peso de 10 gr e un diámetro de 26 mm. No anverso figura o emperador mirando cara a esquerda flanqueado por unha palma e un caduceo e a lenda IMP.AVG.DIVI.F. (Emperador Augusto, fillo da Divinidade). No reverso figura o escudo denominado caetra.
 
* [[Dupondio]]s, teñen un peso de 16 gr e un diámetro de 29 milímetros. O anverso é igual ó dos ases e no reverso a caetra aparece acompañada por unha falcata, un puñal e no centro dúas soliferras.