Ano sideral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Ortografía
Liña 2:
 
==Proceso==
Dado que o [[Sol]] e as [[estrela (astronomía)|estrelas]] non se poden ver ao mesmo tempo, isto require pouca explicación. Ao mirar para o ceo de [[levante]](de donde o seu nome, por onde se ergue o Sol) xusto antes aodo amencer, as últimas estrelas que se ven sair non son sempre as mesmas -nas [[latitude]]s medias-. Nunha semana pódese apreciar que se foron movendo para riba. Polo tanto, en xullo no [[hemisferio norte]] non se pode ver a [[Orión (constelación)|constelación de Orión]] no ceo, mais esta comeza a ser visíbel en agosto. Nun ano, todas as constelacións rotando [[zodíaco]] ou [[Ecliptica|liña de eclipse]]s semellan rotar a través de todo o ceo desaparecendo polo oeste, para voltar a sair polo leste xusto antes da saída do Sol, uns seis meses despois, o que se chama '''orto helíaco''' .
 
Este movemento é máis notorio e máis doado de medir que a mudanza de norte a sur do punto do horizonte polo que se levanta o sol, que define o [[Ano trópico|ano tropical]] no que se basea o [[calendario gregoriano]]. Por esta razón, moitas culturas comezaban os seus anos no primeiro día no que unha estrela especial determinada (por exemplo [[Sirio]]) aparecía no Leste aono seu orto helíaco xusto antes do amencer. N' ''[[Os traballos e os días]]'' de [[Hesíodo]], por exemplo, as épocas do ano para sementar, colleitar, etc., danse con referencia a cando as estrelas se ven por vez primeira.
 
Até a época do astrónomo [[Hiparco]], críase que os anos medidos polas estrelas (os anos sidéreos) eran igual de longos que os anos tropicais ou trópicos. De feito, os anos sidéreos son lixeiramente máis longos que os anos tropicais. A diferenza está ocasionada pola [[precesión]] dos equinoccios. Un ano sidéreo é aproximadamente igual a 1 + 1/26000 ou 1,000039 anos tropicais.
 
==Véxase tamén==