Braquiópodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: nn:Armføtingar; cambios estética
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 51:
* O [[sistema nervioso]] non está moi ben desenvolvido. Algúns semellan telo no interior da [[epiderme]] e outros baixo ela. Consta dun anel nervioso periesofáxico conectado ó ganglio subesofáxico, do que saen nervios cara o manto, co supraesofáxico do que saen o [[nervio]]s que percorren os lofóforos.
 
* O [[sistema circulatorio]] amosa dous líquidos que interveñen na circulación: o [[sangue]] e o líquido do celoma. O sangue contén [[hemeritrina]] que é un [[pigmento]] respiratorio que axuda a recoller e liberar [[osíxeno]]. O líquido do celoma circula grazas a acción duns cilios e flaxelos situados no [[peritoneo]]. Existe unha vesícula pulsátil que latexa lentamente e que está no vaso medio dorsal. Este vaso se divide en ramas que chegan ata cada tentáculo.
 
* O [[aparato dixestivo]] é máis ben sinxelo, comezando na boca a que chegan as partículas de alimento englobadas nun mucus. O alimento continúa polo [[esófago]] e mediante movementos peristálticos chega ao [[estómago]] que ten sobre a súa parede un [[fígado]]. A continuación hai un [[intestino delgado]] que remata nun [[cego]] ou as veces nun [[Ano (anatomía)|ano]].