Jethro Tull: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m cat.
Toliño (conversa | contribucións)
m *silbato -> chifre
Liña 92:
A aparición do álbum vería acompañada con outra aparición, esta vez do grupo, no programa "Top of the pops", que capturou unha nova fornada de fans para a banda, tendo en conta do impacto que dita actuación tivo entre a audiencia. Unha magnífica forma de celebrar os seus dez anos de existencia. "Songs from the wood" alcanzou o posto nº 8 nos Estados Unidos e o 13 en Gran Bretaña, todo produto das excelencias musicais do disco e, por suposto, do impresionante tour mundial que arrasou os Estados Unidos, Europa e, por primeira vez en tres anos, Gran Bretaña. Tal acontecemento mereceu o interese da BBC, que retransmitiu unha hora completa de Jethro Tull en concerto por televisión e radio simultaneamente, o cal aínda supo a pouco á súa extensa lexión de fans. Verdaderamente, "Songs from the wood" é unha das pezas clave na carreira do grupo e un dos seus mellores álbums, quizáis o mellor tras "Aqualung", "Thick as a brick" e "Bursting out".
 
A conxunción entre os sons medievais e hard rockeiros alcanza neste traballo cotas insuperables de beleza e harmonía, convertendose nun referente definitivo no resto dos anos de existencia do grupo. Ninguén conseguira xamáis facer soar de forma tan compenetrada mandolinas, laúdes, frautas, silbatoschifres e xilófonos con guitarras eléctricas, baterías e sintetizadores. "Songs from the wood" é un referente obrigatorio para todo o que desee coñecer o mellor rock progresivo de influencia folk xamáis realizado. Os arranxos que ANDERSON diseña para o disco son dunha complexidade incríble, qiuzáis do máis complicado que se poda encontrar no mundo do rock xunto a outros grupos coma [[Yes]] ou [[Genesis]], auténticas obras de arte. Para finalizar con este disco, sinalar que o single elixido foi "The whistler" e que apareceu cun tema inédito na súa cara B: "Strip cartoon", composto en 1976 por Ian Anderson e gravado no Ridge Farm Studio de Surrey, en Inglaterra.
 
O ano cerrase para o grupo cun novo disco recopilatorio titulado "Repeat-The best of Jethro Tull vol. II" que resulta ser un fracaso comercial, xa que só chegou ó nº 94 nos Estados Unidos e non alcanzou o top 50 de Gran Bretaña. Era quizáis demasiado pedir ós fans que respondesen favorablemente ante a segunda recopilación de temas do grupo en menos de dous anos. A pesar do seu fracaso, "Repeat..." ten un tema moi interesante, como é "Glory row", unha canción que pertence á época de "War child" e que foi rexeitada para dito disco, pero que agora aparecía neste recopilatorio coma reclamo comercial, posto que só aparecera con anterioridade en España, estado no que a censura sustituiu "Locomotive breath", do disco "Aqualung", por este tema, coma xa expliquei no seu momento.