Fase escura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
A '''fase escura''' da fotosíntese ou '''reaccións independentes da luz''' da fotosíntese é a fase da [[fotosíntese]] consistente na síntese de azucres por medio de reaccións encimáticas utilizando como fonte de carbono o CO<sub>2</sub> atmosférico. Estas reaccións denomínanse [[ciclo de Calvin]], teñen lugar no estroma dos [[cloroplasto]]s e non precisan a absorción de enerxía da luz. A fotosíntese ten tamén unha fase previa, chamada [[fase luminosa]] na que se absorbe enerxía luminosa. O nome de escura procede, precisamente, desta <u>non absorción de luz</u>, pero non quere dicir que se produza de noite; de feito, as dúas fases da fotosíntese, luminosa e escura, teñen lugar de día; por iso ás veces se prefire falar de ''reaccións independentes da luz'' en vez de fase escura. De todos modos este termo tamén ten problemas, porque de forma indirecta a fase escura tamén está influída pola luz.
 
A síntese de azucres da fase escura require o gasto de enerxía en forma de [[ATP]] e de poder redutor en forma de [[NADPH]], os cales se formaron na fase luminosa, polo que a fase escura non pode funcionar sen a fase luminosa. Para formar unha molécula de glicosa hai que gastar 18 ATP e 12 NADPH. Ademais, moitos dos encimas da fase escura só están activos se hai luz.
 
A substancia externa que absorbe a planta durante a fase escura é o CO<sub>2</sub> atmosférico, que entra polos [[estoma]]s das follas (na fase luminosa utilizábase auga). O CO<sub>2</sub> únese a un azucre de 5 carbonos presente na planta chamado ribulosa 1,5-bifosfato nun proceso chamado [[fixación do carbono]] no cal o carbono do CO<sub>2</sub> ao unirse a dito azucre forma un composto de 6 carbonos (que axiña rompe en dúas moléculas de 3 carbonos), que dá inicio ás reaccións do ciclo de Calvin. Para formar unha molécula de glicosa hai que absorber 6 CO<sub>2</sub>.