Guerra civil estadounidense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-erán +eran)
Toliño (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de ToloBot (conversa); cambiado á última versión feita por Xqbot
Liña 57:
A prioridade de Lincoln foi manter a Estados Unidos como un só país. Tras as perdas iniciais das primeiras batallas, tivo que recoñecer que o desenvolvemento da guerra, só podía cambialo facendo da guerra unha batalla contra a escravitude e así podería obter apoio para a Unión tanto no interior como no exterior. Consecuentemente, o [[1 de xaneiro]] de [[1863]], segundo ano de guerra, deu a coñecer a Proclama de Emancipación, que outorgaba liberdade a tódolos escravos en áreas aínda controladas pola Confederación.
 
O exército sureño (Confederado) obtivo importantes vitorias na primeira etapa da guerra, pero no veranverán de [[1863]] o seu comandante, o xeneral [[Robert E. Lee]], dirixiuse cara a [[Pennsylvania]], no norte. En Gettysburg atopouse cun exército da Unión, e así deu comezo a batalla de maior magnitude xamais librada en chan norteamericano. Logo de tres días de loita desesperada, os Confederados foron derrotados. A mariña da Unión rapidamente impuxo un bloqueo que creou graves escasezas de material bélico e bens de consumo na confederación. Ao mesmo tempo, no [[río Mississippi]], o xeneral [[Ulysses S. Grant]], da Unión, tomou a importante cidade de Vicksburg. As forzas da Unión controlaban agora todo o val do Mississippi, dividindo en dous á Confederación e afogando a súa saída ao mar.
 
En [[1864]], un exército da Unión ao mando do xeneral [[William T. Sherman]] atravesou [[Xeorxia - Georgia|Xeorxia]] destruíndo o campo. Mentres tanto, o xeneral Grant batíase implacablemente coas forzas de Lee en Virxinia. O [[2 de abril]] de [[1865]], Lee viuse forzado a abandonar [[Richmond]], a capital da Confederación. Unha semana despois rendeuse ante Grant no pobo de Appomattox Courthouse, Virxinia, e tódalas demais forzas confederadas rendéronse pouco despois. O [[14 de abril]] Lincoln foi asasinado polo actor John Wilkes Booth. O [[12 de maio]] de [[1865]], a Unión atacaba o Rancho Palmito no condado de Cameron na fronteira de México onde permanecían aínda forzas confederadas.