Orde do Temple: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 25:
En [[1148]], pola súa colaboración nas conquistas do sur de [[Cataluña]], os templarios recibiron terras en [[Tortosa]] (da cal, tras comprar as partes do rei e os xenoveses, quedaron como señores) e de [[Lleida]] (onde se asentaron en [[Gardeny]] e [[Corbins]]). Tras unha resistencia que se prolongaría até 1153, caeron as últimas prazas da rexión, recibindo os templarios [[Miravet]], nunha importante situación no [[río Ebro]].
 
Tras a derrota de [[Muret]], que supuxo a perda do imperio transpirinaico aragonés, os templarios convertéronse en custodios do herdeiro á coroa no castelo de [[Monzón, Huesca|Monzón]]. Este, [[Xaime I o Conquistador]], contaría con apoio templario nas súas campañas en [[Maiorca]] (onde recibirían un terzo da cidade, así como outras concesións nela), e en [[Valencia - València|Valencia]] (onde de novo recibiron un terzo da cidade).
 
Os templarios mantivéronse fieis ao rei [[Pedro o Cerimonioso]], manténdose do seu lado durante a excomuñón que sufriu a raíz da súa loita contra Francia en Italia.