Óso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Silverfox (conversa | contribucións)
engado novos contidos
Liña 72:
* Contribúen á formación de [[célula]]s sanguíneas: A medula ósea ou vermella, que se atopa no tecido esponxoso dos ósos longos (como por exemplo as costelas, a pelve, as vértebras, etc) encárgase da formación de glóbulos vermellos ou eritrocitos. Este proceso denomínase hematopoese.
* Serven como reserva enerxética: A medula ósea amarela, que é o tecido adiposo que se atopa nos canais medulares dos ósos longos, é unha gran reserva de enerxía.
 
== Tipos de óso ==
Os ósos poden clasificarse en función da súa morfoloxía do seguinte xeito:
=== Ósos longos ===
Son aqueles ósos nos que predomina o eixo lonxitudinal sobre o resto. Na especie humana é o caso do [[fémur]], do [[úmero]], da [[tibia]] e o [[peroné]]. É dicir, predominan nas extremidades, tanto no [[membro superior]] coma no [[membro inferior]]. Os ósos longos posúen dous extremos denominados [[epífise|epífises]], unha superior ou proximal e unha inferior ou distal. As epífises adoitan artellarse con outros ósos. Por exemplo, a epífise superior do [[úmero]] artéllase coa [[cavidade glenoide da escápula]]. Nas epífises insírense diversos [[músculo]]s, que moven as diferentes [[Articulación (anatomía)|articulacións]]. A zona entre as dúas epífises denomínase [[diáfise]] e ten no seu interior a [[medula ósea]]. Ao longo da diáfise insírense músculos e discorren [[arteria]]s, [[vea]]s fondas e [[nervio]]s. Na separación entre diáfise e epífise hai un disco de [[tecido cartilaxinoso]] que permite o crecemento do óso a medida que a persoa crece ou require máis resistencia nesa área.
=== Ósos curtos ===
Son ósos con forma de cubo, no que non predomina ningún eixo sobre outro. É o caso dos pequenos ósos do [[carpo]] ou do [[tarso]]. Dentro dos ósos curtos hai dous casos especiais:
* Ósos sesamoides, que son ósos que poden aparecer no interior dalgúns [[tendón]]s. A [[rótula]] é un óso inmerso en dous tendóns, no [[tendón cuadricipital]] e no [[tendón rotuliano]].
* Ósos supernumerarios, que son pequenos ósos que aparecen nalgunhas persoas.
* O [[acromion]] pode ser un óso independente, nos casos nos que non se osifica a súa unión á [[escápula]].
=== Ósos aplanados ===
Son ósos nos que predomina o eixo horizontal sobre o resto de eixos. Por fóra posúen [[tecido óseo]] laminar (o áploe) e por dentro tecido esponxoso, o diploe. Os ósos que forman o [[cranio]] son ósos planos.
=== Ósos irregulares ===
Son ósos que non se poden clasificar noutros grupos debido á sua forma. Son as [[vértebra]]s e os ósos da [[faciana]].
== Formacións óseas ==
Os ósos poden formar diversos tipos de estruturas en función das súas necesidades:
* Cóndilos: son esferas óseas de finalidade articular. O [[fémur]] e o [[úmero]], entre outros, posúen cóndilos. Ás veces varios ósos independentes forman entre todos un cóndilo. É o caso do [[carpo]].
* Cavidade glenoide: acolle outras estruturas para artellarse con elas. Por exemplo, a [[cavidade glenoide da escápula]]
* Pescozo: a zona en torno ao cóndilo é o pescozo. Por exemplo, o [[pescozo anatómico umeral]], no que se insire a [[cápsula articular glenoumeral]].
* Tuberosidades: son acúmulos irregulares de tecido óseo. Son superfices rugosas para a inserción de [[músculo]]s ou [[ligamento]]s. Existen grandes tuberosidades, coma o [[troquíter umeral]] ou pequenas coma o [[tubérculo infraglenoide da escápula]].
* Apófises: son saíntes de óso, máis longas que as tuberosidades. É o caso da [[apófise cigomática]] ou a [[apófise olecraniana]] do [[cúbito]].
* Espiñas: saíntes máis pequenos que as apófises por norma xeral (agás a [[espiña escapular]]). É o caso das espiñas da [[tibia]], que se artellan co [[fémur]] na [[articulación coxo-femoral]].
* Canles, para o paso de estruturas, coma o [[nervio radial]] na parte posterior do [[úmero]] ou a canle do [[músculo subclavio]] na [[clavícula]].
* Condutos, que son canles pero cubertas totalmente. É o caso dos orificios do [[sacro]].
* Superficies articulares: á marxe dos cóndilos, os ósos teñen outras superficies de articulación, que poden ser redondas, ovalaras, triangulares etc. Por exemplo, a [[tibia]] e o [[peroné]] teñen pequenas superficies articulares para as [[articulacións tibio-peroneas]].
* Tróclea: é unha superficie deprimida dividida por unha crista ósea. Por exemplo, a [[tróclea umeral]].
 
== Alteracións dos ósos ==