Insulina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: kk:Инсулин
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''insulina''' é unha [[hormona]] de 51 [[aminoácido]]s organizados en dúas cadeas unidas por dúas [[ponte química|pontes químicas]] que contén [[xofre]]. A súa misión máis importante é activar o transporte de [[glicosa]] cara o interior das células para que se utilice como combustíbel ou se almacene, permitindo así o aproveitamento da glicosa proveniente da dieta ou da reserva endóxena do [[fígado]] ou do [[músculo]]. Regula os valores da [[glucemia]], manténdoos entre marxes moi estreitas de 50 a 115 mg/dl en xexún e 140 após as comidas.
 
Sintetízase nonos [[illote de Langerhans|illotes de langerhans]] do [[páncreas]], onde se almacena nunha forma molecular de maior tamaño chamada [[proinsulina]], cunha terceira cadea, ou [[péptido]] C, que une as outras dúas cadeas. Libérase ao [[sangue|torrente sanguíneo]] en forma de pequenos pulsos e aumenta notabelmente cando se inxiren alimentos, especialmente [[hidrato de carbono|hidratos de carbono]]. A [[glicosa]] é o estímulo máis importante para que se libere insulina.
 
Cando non hai insulina dabondo, a glicosa non pode penetrar nas células e permanece no sangue e se activa a utilización de [[graxa]]s e [[proteína]]s para a obtención de enerxía. Se o déficit de insulina é grave, a utilización do tecido adiposo produce [[corpo cetónico|corpos cetónicos]].