Segunda guerra balcánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 96:
 
== Batalla de Kresna e armisticio ==
Mentres que a fronte serbia permanecía estática, o rei Constantino, vendo que o exército búlgaro xa fora batido ordenou ao exército grego reemprender o seu avance para tomar a capital búlgara, Sofía. Quería unha vitoria decisiva nesta guerra a pesar das obxeccións do seu primeiro ministro [[Eleftherios Venizelos]], que se deu de conta de que os serbios completaran os seus obxectivos territoriais e trataban de facer soportar o peso da guerra a Grecia mentres eles permanecían pasivos. Nas gargantas de Kresna ([[Batalla de Kresna]]), os gregos caeron nunha emboscade dos 2º e 1º exércitos búlgaros chegados de reforzo desde a fronte serbia. O 8 de xullo, os gregos foron esmagados polo contraataque búlgaro que os tentaba rodear.<ref name="Hall">{{Cita libro|lingua= inglés |nome1= Richard |apelido1= Hall |lien auteur1=|título= The Balkan Wars, 1912-1913: Prelude of the First World War |sous-titre=|lien titre=|numéro d'édition=|ligazón editor= Routledge |editor= Routledge |localidade= Londres |ano= 2000 |tome=|volume=|pages totales=|isbn= 978-0-415-22946-3 |passage= 121 |lire en ligne=|consulté le=}}</ref>. Porén, resistiron e foron capaces de lanzar contraataques locais. Despois de fracasar empregando todas as súas forzas dispoñíbeis, Bulgaria contentouse con defender a súa liña de fronte contra as ofensivas gregas.<ref name="Price">Price, Crawford (1914): ''The Balkan cockpit''. T. Werner Laurie LTD.</ref>. O rei Constantino deuse de conta da inutilidade destes asaltos e, cando lle chegaron as informacións acerca da inminente caída de Sofía en mans do exército rumanoromanés, aceptou a proposta de armisticio de Bulgaria.
 
Os búlgaros, co exército romanés ás portas de Sofía pediron unha mediación rusa. Os otománs, que invadiran a Tracia oriental o 12 de xullo e retomaran Adrianopolis sen resistencia real búlgara non parecían dispostos a deterse. Para parar esta ofensiva, Rusia ameazou atacar ao Imperio otomán no [[Cáucaso]] e enviou a [[Flota do mar Negro]] a Constantinopla, o que provocou unha intervención británica.