Cooperativa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Categoría
Lameiro (conversa | contribucións)
2012: Ano Internacional das Cooperativas
Liña 4:
Xa en [[1887]] existía o precedente galego das cooperativas nas “sociedades de mariñeiros” e en [[1907]] creáronse as “sociedades agrarias” como organizacións portadoras dos valores solidarios e de axuda mutua. En [[1915]] os “pósitos de pescadores” funcionaban como auténticas cooperativas en múltiples aspectos: produción, comercialización, [[seguridade social]] e mesmo actividades formativas.
 
O pensador, xurista, sociólogo e economista [[Xoaquín Díaz de Rábago]] (1837-1898) que presidirá a Sociedade Económica de Amigos do País de [[Santiago de Compostrela|Santiago]] ou a primeira sucursal do [[Banco de España]] e que será Delegado Rexio da Escola de Artes e Oficios será un dos impulsores deste movemento no noso país.
 
No comezo do século XXI hai en [[Galiza]] máis de mil cooperativas, sendo [[Vigo]] e a súa bisbarra a cidade onde se atopan máis. Entre os diferentes tipos de cooperativas destacan polo seu número as de traballo asociado e as agrarias.
 
As [[Nacións Unidas]] declararon o ano [[2012]] como o Ano Internacional das Cooperativas [http://daccess-dds-ny.un.org/doc/UNDOC/GEN/N09/470/02/PDF/N0947002.pdf?OpenElement].
 
== Valores cooperativos ==