Guerra de Kosovo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoio (conversa | contribucións)
arranxos en ilustracións
Liña 10:
 
Tanto os serbios coma os albaneses consideraron a [[Kosovo]] como espazo historicamente propio. Para os serbios, foi o centro cultural, así como o lugar da [[batalla de Kosovo]], perdida contra os invasores [[Imperio otomán|otománs]] en [[1389]] (recórdase como o tributo serbio á defensa da [[cristianismo|cristiandade]]).
[[Ficheiro:Slobodan Milosevic.jpg|thumb|[[Slobodan Milošević]] en [[1996]], perante o [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]].]]
 
As tensións entre as dúas comunidades estiveron presentes durante todo o [[século XX]] e produciron frecuentes feitos de violencia, particularmente durante a [[primeira guerra balcánica]], a [[primeira guerra mundial|primeira]] e a [[segunda guerra mundial]]. O goberno [[comunista]] de [[Josip Broz]], [[Tito]] respondeu con represión a todas as manifestacións nacionalistas en toda Iugoslavia, co propósito de manter un balance entre as diferentes repúblicas e, máis particularmente, evitar a predominancia de Serbia sobre as outras. En [[1945]] a poboación de Kosovo era maioritariamente de orixe serbia pero, xa a finais do século, os asentamentos albaneses pasaran a seren maioría na rexión. Contra finais dos anos [[1960]], o incipiente nacionalismo albanés empezara xa a tomar forma, a pesar do carácter represivo do réxime.
Liña 25 ⟶ 26:
 
En abril de [[1987]], [[Slobodan Milošević]], que xa nese momento presidía o comité central da Liga comunista de Serbia, viaxou a Kosovo e declarou o seu apoio ás reivindicacións da poboación serbia, obtendo instantaneamente a adhesión da poboación serbia de toda Iugoslavia, facilitando o camiño cara a presidencia de Serbia. Pero para acceder á presidencia de Iugoslavia, Milošević necesitaba o apoio da representación de Kosovo, de maneira que, en [[1988]], os líderes albaneses do partido comunista de Kosovo foron arrestados e lanzouse a chamada ''revolución antiburocrática'', eliminando a pouca autonomía de Kosovo e impoñendo o estado de emerxencia.
{{VTAP|Discurso de Gazimestan}}
 
Os cambios na Constitución justificáronse como a única solución que permitía protexer a minoría serbia dos abusos da maioría albanesa de Kosovo. Un dos puntos de inflexión do conflito producikuse o [[28 de xuño]] de [[1989]] cando, no 600º aniversario da [[Batalla de Kosovo]], ante unha multitude de 1.000.000 de serbios chegados de todas partes do país, Milošević pronunciou o famoso [[discurso de Gazimestan]], unha exaltación dos ideais serbios, arengando ás masas en recordo da batalla e apelando á unidade dos serbios para os momentos difíciles que se vivían.
Liña 56 ⟶ 57:
O portavoz da OTAN expresou brevemente o obxectivo desta operación como: "Expulsión dos serbios, permanencia das forzas de paz, retorno de refuxiados". Isto significaba que as tropas serbias terían que marchar de Kosovo para ser substituídas por forzas de paz internacionais e así asegurar que os refuxiados albaneses puideran volver ás súas casas. Porén, este lema tiña un nefasto duplo significado, causando á OTAN un considerábe apuro tras a guerra, cando uns 200.000 serbios e outras minorías non albanesas fuxiron ou foron expulsadas da provincia. Unha razón non oficial para a guerra deuna implicitamente [[Madeleine Albright]] (Secretaria de Estado dos Estados Unidos): "Para que nos serve ter o mellor exército se non podemos usalo?"; unha observación que, supostamente, causou que o xefe do Estado Maior do exército dos Estados Unidos cuestionara a súa cordura. Tamén se xuxeriu que unha vitoria nunha pequena guerra axudaría a dar á OTAN unha nova función.
[[Ficheiro:Aviano f-15.jpg|thumb|300px|esquerda|Bombardeiro F-15 da OTAN despegando da base de [[Aviano]] ([[Italia]]).]]
[[Ficheiro:Kosovo uranium NATO bombing1999.png|thumb|300px|esquerda|Lugares de Kosovo e do sur de Serbia bombardeados pola OTAN.]][[Ficheiro:aleksinac110499.jpg|thumb|300px|esquerda|Zona residencial bombardeada.]]
[[Ficheiro:PrizrenCollection2 2010 100 2853.JPG|thumb|300px|esquerda|Edificios destruídos en Kosovo.]]
 
O comezo da campaña ideose para destruír as defensas aéreas serbias e obxectivos de alto valor militar. Os resultados iniciais non foron bos, o mal tempo obstaculizou algunhas intervencións prematuras. A OTAN subestimara seriamente a vontade de resistir de Milošević: poucos en [[Bruxelas]] pensaron que a campaña duraría algo máis que algúns días. Aínda que os bombardeos iniciais foron notábeis, non foron, nin por asomo, como os que se viron en [[Bagdad]] en [[1991]] e, máis adiante, en [[2003]]. Sobre o terreo o combate empeoraba. Despois de unha semana desde que comezara a guerra, ao redor de 300.000 albaneses de Kosovo fuxiran ás veciñas Albania e Macedonia e uns cuantos miles máis se desplazáronse polo interior de Kosovo. En abril, as Nacións Unidas informaron que fuxiran das súas casas 850.000 persoas, a gran maioría albaneses.
Liña 63:
O éxodo dos refuxiados, cuxa causa é obxecto dunha gran controversia, forma a base dos cargos por [[crime de guerra|crimes de guerra]] que as [[Nacións Unidas]] imputan a Slobodan Milošević e outros oficiais responsábeis de dirixir o conflito en Kosovo. A parte serbia e os seus apoios occidentais afirman que as migracións foron causadas por un pánico masivo na población albanesa de Kosovo, e que o éxodo
se xerou principalmente por medo aos bombardeos da OTAN. Tamén se alegou que o éxodo foi alentado poas guerrillas do UÇK, que incluso en algúns casos deron ordes directas de fuxir aos albaneses. Algúns informes de testemuñas, tanto serbios como albaneses, identificaron como os culpábeis ás forzas de seguridade e grupos paramilitares serbios, responsábeis de baleirar sistematicamente de habitantes albaneses cidades pequenas e vilas. De feito houbo algúns casos ben documentados de expulsións masivas, como sucedeu en [[Pristina]] a finais de marzo, cando decenas de miles de persoas foron reunidas a punta de pistola e cargadas en trens para seren abandoadas na fronteira macedonia. Outras cidades, como [[Pec]], foron incendiadas.
[[Ficheiro:Milo Đukanović.jpg|thumb|150px|Milo Djukanović.]]
[[Ficheiro:aleksinac110499.jpg|thumb|300px|esquerda|Zona residencial bombardeada.]]
[[Ficheiro:PrizrenCollection2 2010 100 2853.JPG|thumb|300px|esquerda|Edificios destruídos en Kosovo.]]
 
O ministro alemán de Asuntos Exteriores [[Joschka Fischer]] afirmou que a crise dos refuxiados producírase por un plan serbio denominado "[[Operación Ferradura]]". Aínda que a existencia dun plan con ese nome é aínda un asunto de continua discusión, as Nacións Unidas e as organizacións internacionais para a defensa dos dereitos humanos estaban convencidas de que a crise dos refuixados fora o resultado dunha política deliberada de [[limpeza étnica]]. Unha análise estatística posterior á guerra sobre os patróns de desprazamento, dirixido por Patrick Ball da ''Asociación americana para o avance da ciencia'' encontrou unha correlación directa entre as operacións das forzas de seguridade serbias e os fluxos cara ao exterior de refuxiados, tendo moi pouco efecto nestes últimos as operacións da OTAN.<ref>[http://shr.aaas.org/kosovo/pk/toc.html American Association for the Advancement of Science. Political Killings in Kosova/Kosovo] {{en}} Consultada o 23/12/2011.</ref> Houbo outra evidencia de que a crise dos refuxiados fora fabricada artificialmente: algúns refuxiados informaron que os seus documentos de identidade foran confiscados por forzas de seguridade, facendo máis difícil para eles probar de forma indiscutíbel que eran ciudadáns iugoslavos. Unha vez rematado o conflico, as fontes serbias informaron de que algúns dos que se uniron no retorno dos refuxiados eran de feito albaneses procedentes de fóra de Kosovo. Unha parte deste grupo poderían ser os indocumentados.
[[Ficheiro:Milo Đukanović.jpg|thumb|150px|Milo Djukanović.]]
 
Non está claro o que buscaba Milošević expulsando aos habitantes albaneses de Kosovo. Unha posibilidade é que desexara reemprazar a poboación albanesa con refuxiados serbios de [[Bosnia]] e [[Croacia]], logrando por tanto unha "serbianización" da provincia. O que si está moi claro é que a OTAN, o desexara ou non, logrou unha considerábel vantaxe propagandística da fuixida de Kosovo. Se era o que pretendían, foi un gran éxito, xa que acabou convencendo á poboación dos países membros da OTAN de que tiñan que vencer neste conflito.
Liña 83 ⟶ 85:
 
Ao finalizar a guerra, o [[10 de xuño]], tanto Kosovo como Iugoslavia enfrontáronse a un futuro incerto.
[[Ficheiro:UÇK monument in Đakovica.jpg|thumb|150px|Monumento ao [[UÇK]] en Djakovica.]]
 
O primeiro problema, o dos refuxiados albaneses, foi resolvido en gran parte de forma moi rápida: en tres semanas, cerca de 500.000 refuxiados albaneses regresaron aos seus fogares. Contra finais de novembro de 1999, segundo cifras da [[ACNUR]], máis de 800.000 dos 850.000 desprazados xa regresaran. Porén, gran parte da poboación serbia de Kosovo foi desprazada da provincia debido aos ataques de vinganza, xunto coas poboacións doutras orixes. A [[Cruz Vermella]] iugoslava deu cifras de cerca de 250.000 refuxiados, a maioría deles de orixe serbia. En pouco tempo, a poboación de orixe serbia en Kosovo reduciuse a menos dun cuarto da que había antes da guerra.