Lista de gañadores dos Premios Ig Nobel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
* '''Bioloxía''' - Robert Klark Graham, selector de sementes e profeta da propagación, pola creación do ''Repository for Germinal Choice'', un banco de espermatozoides que só acepta doazóns de premios Nobel e deportistas olímpicos.
* '''Química''' - Jacques Benveniste, prolífico proselitista e correspondente comprometido da natureza, polo seu descubrimento de que a auga, [[auga|H<sub>2</sub>O]], é un líquido intelixente, e por demostrar para a súa satisfacción que a auga é capaz de recordar eventos pasados tempo despois de que desaparecera calquera traza deles.
* '''Economía''' - Michael Milken, titán de ''Wall Street'' e pai do bono basuralixo, con quen o mundo está en débeda (Milken non puido estar presente debido á condena de 15 a 20 anos en prisión, polas súas operacións fraudulentas na bolsa).
* '''Educación''' - J. Danforth Quayle, consumidor de tempo e ocupador de espazo (así como vicepresidente dos Estados Unidos dende 1989 ata 1993) por demostrar, mellor ca ninguén, a necesidade da ciencia na educación.
* '''Literatura''' - Erich von Däniken, anecdotista visionario e autor de Carros dos Deuses?, por explicar que a civilización humana foi influenciada por antigos astronautas do espazo exterior.