Násir al-Din al-Tusí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m corrixo homónimo
Liña 5:
Cando os exércitos [[Mongolia|mongois]] de [[Genghis Khan]] arrasaban Persia, al-Tusí fuxiu para reunirse cos [[ismailismo|ismailitas]]. As súas contribucións científicas máis importantes datan destes anos, mentres fuxía dunha fortaleza a outra. Finalmente entregouse ás tropas de [[Hulagu]] (un dos fillos de Genghis Khan) despois da invasión do castelo de [[Alamut]] poles forzas mongolas.
 
Escritor polifacético e moi prolífico, o seu nome está inmortalizado coa denominación dun [[Cráter (astronomía)|cráter]] de 60 km de diámetro na [[Lúa]].
 
Foi quizais o primeiro matemático medieval en tratar a [[trigonometría]] como unha disciplina ou rama separada do tronco das matemáticas, e así se desprende no seu ''Tratado sobre os cuadriláteros''. Foi o primeiro en enumerar a lista dos seis casos distintos de ángulo recto nun [[triángulo esférico]] ([[trigonometría esférica]]). Os seus traballos en trigonometría levárono a ser o primeiro astrónomo oriental en ter unha visión clara da trigonometría plana e esférica.