Mitoloxía galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 18:
Os ''Gallaeci'' ou [[galaicos]] foron orixinariamente un pobo [[indoeuropeos|indoeuropeo]] de [[linguas celtas|lingua celta]]<ref>Eugenio R. Luján Martínez, [http://www.uwm.edu/Dept/celtic/ekeltoi/volumes/vol6/6_16/lujan_6_16.pdf The Language(s) of the Callaeci] {{en}}.</ref>, por tanto, [[celtas]] para uns autores, ou celtizados para outros —sen que exista pleno consenso entre os investigadores— que ocuparon durante séculos aproximadamente o territorio da actual [[Galicia]] e norte de [[Portugal]], limitando ao sur cos [[Lusitania (provincia)|lusitanos]] e ao leste cos [[ástures]]. Son en si os primeiros "galegos", nome actual que deriva de ''Gallaeci''.
 
O modo de hábitat dos galaicos baseábase na ocupación do territorio sobre todo en poboados fortificados, que reciben o nome de [[Castro (poboado)|castros]], e que poden variar o seu tamaño desde pequenas aldeas de menos de unha hectárea, máis usuais no norte, a dos grandes castros de máis de dez hectáreas, denominados ''oppida'' ou "citanias", estando estes máis presentes na metade sur do seu poboamento tradicional.<ref>[http://www.arkeotavira.com/Mapas/Iberia/Populi.htm Mapa dos pobos prerromanos], cara ao 200 a.C.</ref> <ref>Caamaño Gesto, José Manuel. ''A Gran Historia de Galicia. Cultura Castrexa. Volume 1: Ocupación do territorio e cultura material''.</ref>
[[Ficheiro:Castro de Briteiros.jpg|thumb|center|600px|[[Citania de Briteiros]], [[Guimarães]], [[Portugal]].]]
 
Este xeito de habitar o territorio, en castros, foi común en toda [[Europa]] durante as Idades do Bronce e do Ferro, recibindo no noroeste da [[Península Ibérica]] o nome de ''cultura dos castros'' ou "[[cultura castrexa]]", que alude a este tipo de manifestación cultural antes da chegada de Roma. Con todo os galaicos seguirían a habitar castros até o [[século VIII]] d.C. Só no territorio da Galicia actual chegan a contabilizarse máis de dous mil castros, o que revela unha das maiores dispersións poboacionais da Idade do Ferro en toda [[Europa]], que sería en boa medida a orixe da ocupación galega do territorio herdada até o presente, e caracterizada por pequenas e numerosísimas poboacións pouco distantes entre si.
 
A organización [[política]] dos galaicos artellábase en pequenos estados independentes entre si compostos por un numero dispar de castros, encabezados estes estados pola figura dun rei local que os romanos denominaron ''princeps'' como noutras partes de [[Europa]]. Cada galaico identificábase a si mesmo como membro do castro que habitaba (segundo a interpretación máis común do C invertido da epigrafía posterior) así como do estado/pobo ao que pertencía, e que os [[Imperio Romano|romanos]] denominaron ''populus'', entre os que atopamos numerosos nomes como ''[[arrotrebas|arrotrebi]], [[albións|albioni]], celtici supertamarici, [[lemavos|lemavi]], [[nemetatos|nemetati]]'', etc., do mesmo xeito que até finais do [[século XVIII]] a xente en Galicia se identificaba coa [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] e a [[comarca]].
 
===Romanización (19 a.C. - 409 d.C.)===