Torre de San Sadurniño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ imaxe; arranxiño nas coordenadas
Liña 22:
Na pequena illa que ocupaba a antiga fortificación só se conservan uns poucos restos: unha esquina dos muros, unha [[xanela]] e unha [[cheminea]].
 
Ademais da súa función defensiva tamén serviu de torre de vixilancia e de [[faro]]. Durante os ataques dos [[pirata]]s [[normandos]] e [[bérber|berberescos]] formaba parte dun sistema de comunicación polo que, por medio de [[fogueira]]s, alertaban á xente da comarca para impedir o asalto á cidade de [[Santiago de Compostela|Compostela]]. O aviso chegaba desde a [[fortaleza da Lanzada]], e o [[lume]] da fortificación de San Sadurniño era visible ata [[Vilanova de Arousa]], e a fogueira desta alertaba ás [[Torres do Oeste]] en [[Catoira]], lugar estratéxico fundamental para a defensa de Compostela.
 
A principios do [[século XX]] aínda eran visibles os [[alicerce]]s da antiga [[capela]] do complexo.