Pearl Jam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 78:
===''Riot Act''===
[[Ficheiro:PearlJam-Ticket2003.jpg|thumb|250px|Entrada dun concerto de maio do 2003]]
En [[2002]] a banda volta ao estudio para gravar o seu sétimo disco ao lado do produtor de [[Adam Kasper]]. En outubro saíu o primeiro sinxelo, da canción "I am Mine", e no mes seguinte é lanzado ''Riot Act''. O novo álbum é bastante maduro e agrada máis aos fans e críticos que ''Binaural''. A banda volve a rodar un novo video, para a canción "I am Mine" (o último fora o de "Do the Evolution" do disco ''[[Yield]]''), e anuncia que editará máis ''bootlegs'' como os da xira do disco anterior.
 
En [[2003]] lánzase o recompilatorio de caras-b ''Lost Dogs'' e o DVD ''Pearl Jam at the Garden'', unha actuación da banda en [[Nova York]] co teclista [[Boom Gaspar]] e con participacións especiais de [[Ben Harper]], [[Steve Diggle]] e [[Tony Barber]]. Este era o seu terceiro video que editaba a banda, despois de ''Touring Band'', con imaxes da xira de ''[[Binaural]]'' e o citado ''Video Single Theory''. Ese mesmo ano rematou o seu contrato coa Epic, que lanzara todos os discos da banda ata o momento.